Configurado o grupo do Celta B para a nova tempada en 2ªB

O Celta B xa coñece os rivais aos que se terá que enfrontar durante a tempada 2018/19. A RFEF anunciou este mércores a composición dos grupos da Segunda División B, entre eles o Grupo 1, no que se encadra o filial celeste xunto a sete equipos madrileños, sete de Castela-León, un canario e catro galegos. Destes últimos, dous son de Vigo: Coruxo e Rápido de Bouzas.