Confirmados os horarios das xornadas 14 e 15 e a volta de Copa

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á volta de 1/16 de final da Copa do Rei ante o Eibar, así como das xornadas 14 e 15 de LaLiga fronte a Barcelona e Valencia.

Balaídos acolle o partido decisivo do torneo copeiro ante a SD Eibar martes 28 de novembro ás 21:30 horas, un choque para o que as entradas xa están á venda.

En canto ao campionato de Primeira División, o conxunto vigués visita o campo do FC Barcelona o sábado 2 de decembro ás 13:00 e na seguinte xornada volve xogar lonxe de casa, en Mestalla ante a Valencia, o sábado 9 de decembro ás 20:45 horas. beIN Sports LaLiga retransmitirá en directo este tres partidos.