Consternación polo tráxico pasamento de José Antonio Reyes

Consternación e pesar no RC Celta polo tráxico pasamento de José Antonio Reyes, canteirán do Sevilla FC, xogador do Extremadura, ex futbolista de Real Madrid, Arsenal, Atlético, Benfica, Espanyol, Xinjiang e Córdoba e internacional coa Selección Española. Todo o noso apoio e agarimo á súa familia, amigos e seguidores. DEP.