Convocatoria Coruxo-Celta B

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para a cuarta xornada de 2ª B, na que os celestes mídense ao Coruxo en O Vao (domingo, 18:00 horas, tvG2).

A listaxe fórmana Iván Villar, Fran Vieites, Sergio, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Rai, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, Pastrana, Dani Vega, Jacobo González, Aarón Rey, Apeh e Iban Salvador.

Son baixas por lesión Robert Costa, Riki, Alomerovic e Jero, mentres que Dennis estase adestrando co primeiro equipo.