Convocatoria do Celta B ante o Marino de Luanco

lista_coruxo_celta_b.jpg

Dezasete xogadores na lista para o partido deste domingo en Barreiro (18.00 horas)

 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 17 xogadores para o partido deste domingo ante o Marino de Luanco (Barreiro, 18:00 horas), entre eles Jordan, futbolista do Xuvenil División de Honra.

 

A lista fórmana Rubén Blanco, Óscar Santiago, Kevin, Pablo Pérez, Jordan, Soto, Antón, Maceira, Sergio Santos, Borja Fernández, Yelko Pino, Fernán, Borja Domínguez, Borja Iglesias, Aitor, Añón e Marcos Torres.

 

Thaylor e Goldar son baixa por lesión. David Costas, Javi Rey e Santi Mina adestran este domingo co primeiro equipo e están pendentes da convocatoria de Luis Enrique.

Leave a Reply

1 × five =