Convocatoria do Celta B ante o Zamora

lista_coruxo_celta_b.jpg

Dezaasete xogadores na lista para o partido deste domingo no Ruta de la Plata (18.00 horas)

 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 17 xogadores para o partido deste domingo ante o Zamora (Ruta de la Plata, 18:00 horas), correspondente á sétima xornada da 2ªB, entre eles o porteiro xuvenil Iván Villar, que suple ao mancado Óscar Santiago.

 

A lista completa fórmana Rubén Blanco, Iván Villar, Kevin, Pablo Pérez, Goldar, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández, Yelko Pino, Fernán, Borja Domínguez, Borja Iglesias, Aitor, Añón, Marcos Torres e Thaylor.

 

Javi Rey e Óscar Santiago son baixa por lesión. David Costas e Santi Mina foron convocados polo primeiro equipo para o partido ante o Atlético de Madrid.

Leave a Reply

thirteen − 1 =