Convocatoria do Celta B na estrea ligueira ante o CD Lealtad

CeltaB_1314_celebracion.jpg

Fredi Álvarez convocou a dezasete xogadores para o partido deste sábado en Asturias (17:00h)

O adestrador do Celta B, Fredi Álvarez, convocou a 17 xogadores para o primeiro partido desta tempada en Segunda División B. Os canteiráns desprazaranse ata a localidade asturiana de Villaviciosa para medirse ao CD Lealtad este sábado 23 de agosto ás 17:00 horas.

A lista completa fórmana Óscar Santiago, Iván Villar, Goldar, Soto, Crespo, Álvaro, Samu, De Amo, Borja Domínguez, Javi Rey, Pape, Jordan, Yelko, Julio, Luis, Thaylor e Borja Iglesias.

Kevin é baixa por lesión. Non viaxan Berto, Javier Que, Fernán e Pucheta.

Leave a Reply

five − two =