Convocatoria do Celta B para medirse ao Mutilvera

lista_mutilvera_celta_b_15613.jpg

Os celestes afrontan este partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso con dous goles de vantaxe

 

O adestrador do Celta B, Pichi Lucas, convocou a 17 xogadores, entre eles os xuvenís Yago, Thaylor e David Costas, para o partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso a Segunda B ante o Mutilvera (Valle de Aranguren. Domingo, 18.00 horas).

 

A lista fórmana Yago, Óscar, Maceira, Marcos Torres, Aitor, David Costas, Borja, Antón, Félix, Añón, Rubén Martínez, Víctor Vázquez, Maestre, Kevin, Moreira, Thaylor e Camochu.

Sergio Santos e Benja son baixa por lesión. Santi Mina e Rubén regresan de xogar coa Sub-19 e Levy Madinda está concentrado co seu combinado nacional. Soto non viaxou por decisión técnica.

 

Leave a Reply

eighteen − eighteen =