Convocatoria do filial ante a SD Logroñés

Convocados 17 xogadores para o partido de mañá nas Gaunas (17:00h)


 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 17 xogadores para o partido deste domingo ante a SD Logroñés (Las Gaunas, 17:00 horas), entre eles o central David Costas.

 

A lista fórmana Rubén Blanco, Óscar Santiago, Pablo Pérez, Kevin, David Costas, Goldar, Soto, Borja Domínguez, Antón, Maceira, Javi Rey, Yelko, Fernán, Añón, Thaylor, Juan Delgado e Borja Iglesias.

 

Marcos Torres e Borja Fernández son baixas por lesión. Aitor e Pablo Crespo son baixas por sanción.

Leave a Reply

2 × 3 =