Convocatoria do filial para recibir ao Caudal

CeltaB_1314_celebracion.jpg

O Celta B afronta a duodécima xornada de 2ªB este domingo no Campo de Barreiro (12:00 horas) 

 

O filial celeste buscará reencontrarse coa vitoria mañá ante o Caudal Deportivo (12:00, Barreiro). O conxunto asturiano, que ocupa o derradeiro posto da táboa con sete puntos, vén de gañar na pasada xornada ao CD Ourense. 

 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 16 futbolistas para este encontro, entre eles o xuvenil Samu. A lista completa fórmana Rubén Blanco (porteiro), Óscar Santiago (porteiro), Samu, Pablo Pérez, Soto, Goldar, Antón, Borja Fernández, Borja Domínguez, Yelko Pino, Fernán, Aitor, Marcos Torres, Añón, Borja Iglesias e Thaylor.

 

Kevin e Javi Rey son baixas por lesión, mentras que Maceira cumprirá sanción tras recibir dobre amonestación na pasada xornada.

 

Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

12 − nine =