Convocatoria do filial para recibir ao Zamora

Convocados 18 xogadores para o partido de mañá en Barreiro (12:00h)

 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante o Zamora CF (Barreiro, 12:00 horas), entre eles o xuvenil Samu.

 

A lista fórmana Rubén Blanco, Óscar Santiago, Pablo Pérez, Pablo Crespo, Goldar, Soto, Antón, Samu, Borja Fernández, Javi Rey, Yelko, Borja Domínguez, Fernán, Aitor, Borja Iglesias, Añón y Thaylor y Juan Delgado.

 

Kevin e Marcos Torres son baixas por lesión. Maceira é baixa por acumulación de tarxetas.

Leave a Reply

18 − 3 =