Convocatoria provisional do Celta B para recibir ao Burgos

A lista definitiva, pendente de Rubén e Javi Rey, que foron chamados polo primeiro equipo

 

O adestrador do Celta B, David de Dios, convocou de forma provisional a 16 xogadores para o partido deste domingo ante o Burgos (Barreiro, 12.00 horas), á espera do porteiro Rubén Blanco e do centrocampista Javi Rey, que foron chamados polo primeiro equipo para o partido de Copa ante o Athletic Club.

 

A lista provisional está composta por Óscar Santiago, Kevin, Goldar, Pablo Pérez, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández, Yelko, Fernán, Borja Domínguez, Borja Iglesias, Aitor, Añón, Thaylor e Marcos Torres.

 

Os abonados do Celta poden asistir aos partidos do filial en Barreiro presentando o seu carné de abonado na entrada.

Leave a Reply

one × 5 =