COPA | RC Celta – Real Sociedad: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a ida de dezaseisavos de final da Copa do Rei. O RC Celta recibe á Real Sociedad este xoves 1 de novembro ás 16:15 no estadio ABANCA Balaídos.

A listaxe completa fórmana Sergio, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Mazán, Hjulsager, Kevin, Jozabed, Brais Méndez, Roncaglia, Júnior Alonso e Dennis Eckert.

Jensen e Maxi Gómez son baixas por lesión. Non entran na listaxe Hugo Mallo, Radoja, Juncà, Boufal e Cabral.