Coruxo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante o Coruxo FC (O Vao, 18:15 horas) correspondente á xornada 33 de Segunda División B, entre eles o porteiro xuvenil Raúl.

A listaxe fórmana: Sotres, Raúl, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Iago, Alomerovic, Rai, Serrano, Tià, Dani Molina, Aarón, Juan Hernández, Agus, Pastrana, Roigé.

Son baixas por lesión Jero, Solís, Pampín e Drazic, mentres que Dennis e Brais foron convocados polo primeiro equipo.