Primeiro Equipo

CRÓNICA | O Celta rexorde cunha gran goleada en Eibar (0-4)

RC Celta

celebracion_eibar_celta_laliga_2017_2018_ipurua.jpg

 

 

O Celta, con solidez, oficio e eficacia a balón parado, goleou ao Eibar en Ipurúa para asinar un contundente rexurdir. Con Sisto como executor, Cabral, Sergi Gómez e Tucu anotaron en xogadas de estratexia e Wass fixo o cuarto tras unha boa asistencia de Mallo. Debutó Guidetti trala súa lesión.

 

O Celta redondeou unha primeira metade espléndida en eficacia e, esnaquizando tópicos, arroiou ao Eibar a balón parado en Ipurúa. Nun primeiro tempo de gran intensidade e disputa, co balón moito tempo no aire, os vigueses apoiáronse na estratexia para abrazar unha xugosa vantaxe. Sisto, maxistral nos lanzamentos, acumulou tres asistencias. Cabral, Sergi Gómez e Tucu Hernández, cunha gran chilena, puxeron os goles nos minutos 17, 25 e 39. O Eibar, sempre agresivo na presión e combativo, dispuxo tamén de boas ocasións, pero careceu de fortuna e acerto.

 

Tralo descanso, o Eibar apertou os dentes en busca dun tanto que lle devolvese a esperanza. O Celta aguantou sólido para irse soltando aos poucos. As ocasións celestes foron chegando, cun Tucu Hernández imperial, e a falta de pouco máis dun cuarto de hora Wass anotou cun bo dereitazo tras unha boa asistencia de Hugo Mallo, cun protagonismo enorme en ataque.

 

Os celestes rexurdiron con contundencia para sumar unha valiosa vitoria.

FICHA TÉCNICA

0-SD Eibar: Dmitrovic, Capa, Gálvez, Paulo, Cote (Juncá, min.46) Bebé, Dani García, Escalante, Inui,  Charles (Jordan, min.63) e Kike.

4-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Fontás, min.64), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Tucu Hernández (Jozabed, min.75), Iago Aspas, Sisto e Maxi Gómez (Guidetti, min.76).

Goles: 0-1, min.17: Cabral; 0-2, min.25: Sergi Gómez; 0-3, min.39: Tucu Hernández; 0-4, min.73: Wass.

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Escalante, Dani García, Cabral.

Campo: Ipurúa, 5545 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas