Primeiro Equipo

CRÓNICA | Un Celta que convida o optimismo deixa escapar a vitoria no último suspiro (1-1)

RC Celta

tucu_hernandez_celta_getafe_liga_balaidos_2017_2018.jpg

 

O Celta tivo a vitoria na súa man e deixouna escapar. Os de Unzué foron netamente superiores ao Getafe e chegaron á recta final do partido con vantaxe no marcador grazas a un novo tanto de Maxi Gómez, pero a falta de cinco minutos para o asubío final un desaxuste defensivo serviu o empate a un cadro azulón que nunca se rendeu.

 

A pesar do sabor agridoce do punto cultivado, a imaxe do Celta mellorou e moito respecto da pasada xornada no campo do Espanyol. Os vigueses foron donos e señores do balón e exhibiron un xogo que convida o optimismo. A cuarta diana de Maxi Gómez en cinco xornadas, o regreso de Tucu a un gran nivel e o debut en partido oficial do canteirán Brais Méndez, titular, foron algunhas das notas máis positivas deste encontro.

 

O Celta completará unha semana de máxima intensidade este domingo coa disputa do terceiro partido de Liga en sete días. Os celestes visitan o sempre complicado campo do Eibar con motivo da sexta xornada do campionato (domingo, 18:30).

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Jonny, Pablo Hernández, Brais Méndez (Emre Mor, min.59), Jozabed (Wass, min.81), Iago Aspas, Sisto (Lobotka, min.74), Maxi Gómez.

 

1-GETAFE: Guaita, Damián, Djené, Cala, Antunes, Arambarri, Bergara, Portillo (Ángel, min.56), Fajr (Álvaro, min.56), Amath (Jefferson Montero, min.75), Molina.

 

Goles: Maxi Gómez (1-0, min.25); Ángel, (1-1, min.85).

 

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amonestou a Jozabed, Maxi Gómez (Celta); Djené, Antunes (Getafe).

 

Campo: Balaídos (15.068 espectadores).

 

Observacións: antes do inicio do partido gardouse un minuto de silencio en memoria do ex xogador celeste Tucho de la Torre. O canteirán Brais Méndez debutou en partido oficial co primeiro equipo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas