Dani Molina substitúe a Víctor Pastrana na convocatoria para Villarreal

Víctor Pastrana, xogador do Celta B convocado por Unzué para o partido de Liga en Villarreal, non poderá acudir á cita por unha indisposición de última hora. No seu lugar viaxará co primeiro equipo o centrocampista do filial Dani Molina.