David Costas e Jonny, titulares coa Sub-21

kawamori.jpg

Costas xogou ata o minuto 64 e Jonny ata o pitido final no amigable ante Bélxica en Ferrol

 

David Costas e Jonny Castro, canteiráns e xogadores do primeiro equipo, foron titulares coa Selección Española Sub-21 no amigable que o combinado español disputou onte, mércores, ante Bélxica na Malata (Ferrol). Costas mantívose no terreo de xogo ata o minuto 64, mentres que Jonny participou no encontro até o asubío final. O choque finalizou cun 1-4 no marcador a favor dos belgas.

 

A titularidade destes dous futbolistas formados na Madroa ratifica a continua progresión da canteira céltica e a confianza que esta esperta nos seleccionadores nacionais.

Leave a Reply

thirteen − three =