David de Dios, novo adestrador do Celta B

David_de_Dios.jpg

O técnico deixa o Xuvenil División de Honra para dirixir o filial céltico

 

 

O Real Club Celta e David de Dios chegaron hoxe a un acordo para que o adestrador ocupe o banco do filial celeste durante a próxima tempada.

 

De Dios asinou a pasada campaña un espectacular campionato á fronte da Xuvenil División de Honra, co que se proclamou campión do seu grupo e subcampión da Copa de Campións, ademais de rexistrar unhas cifras que situaron ao equipo como o mellor xuvenil céltico de todos os tempos.

 

“Será un reto tanto para os xogadores como para o corpo técnico”, asegurou o técnico sobre o seu próximo debut e o de moitos canteiráns na Segunda División B, “necesitaremos paciencia co equipo, sobre todo ao principio, porque poida que suframos moito, pero estou seguro de que a traballo e ilusión ninguén nos vai a gañar”.

 

Por outra banda o ata agora preparador físico do Celta B, Eduardo Covelo, asumirá a responsabilidade da metodoloxía das categorías inferiores. O seu posto no filial ocuparao Carlos Nodar, preparador físico da Xuvenil División de Honra durante a pasada tempada.

 

*Fotografía: Diego Pérez

Leave a Reply

2 × 5 =