David Juncà preséntase este martes en A Sede

O defensa David Juncà será presentado este martes ás 13:00 en A Sede como novo xogador do RC Celta. A firma de autógrafos posterior na tenda, que está a ser habitual esta tempada nas presentacións de futbolistas, substituirase por un evento especial que terá lugar pola tarde e sobre o que o club informará nas próximas horas.

A rolda de prensa do xogador poderá seguirse en directo con Celta Media en www.facebook.com/rccelta.