David Juncà sofre unha rotura fibrilar no aductor dereito

O lateral esquerdo do RC Celta David Juncà sufriu unha lesión muscular no inicio do partido desta tarde no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, polo que foi substituído aos cinco minutos de xogo. Segundo os servizos médicos do club, o defensor sofre unha rotura fibrilar no aductor mediano dereito. Realizaranse probas nos próximos días para determinar o alcance exacto da lesión e establecer un periodo de baixa.