Denis Suárez: “É un soño volver a casa”


Denis Suárez presentouse esta tarde como novo xogador do RC Celta ante máis de 3.500 espectadores. O novo xogador celeste asegurou que “é un soño volver a casa”. Ademais de responder as preguntas dos afeccionados, Denis repartiu unha quincena de balóns asinados entre os espectadores que abarrotaban as bancadas de Tribuna.