Denis Suárez realiza as probas médicas na Clínica RC Celta


O centrocampista Denis Suárez, novo xogador do RC Celta, acudiu este luns á Clínica RC Celta no edificio de A Sede para realizar o recoñecemento médico. O de Salceda someteuse a diversas probas físicas baixo a supervisión dos profesionais da clínica celeste e o seu director, o Dr García Cota, xefe dos servizos médicos do club e médico da Selección Española.