Deportivo Fabril-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Deportivo Fabril (El Mundo del Fútbol, 18:00 horas) correspondente á xornada 35 de Segunda División B, entre eles os xuvenís Fran Vieites e Franco Lobos.

A listaxe fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, Tià, Dani Molina, Aarón, Juan Hernández, Agus, Franco Lobos, Roigé, Drazic, Dennis.

Jero, Solís e Pampín son baixas por lesión. Alomerovic e Iago non entran na listaxe. Brais e Pastrana foron convocados polo primeiro equipo.