Fundación

Derradeiros días para inscribirse na VI Invasión Celeste – Fe Seguros

RC Celta

Derradeiros días para inscribirse na VI Invasión Celeste – Fe Seguros. O prazo rematará o 3 de decembro ás 23:59 h, lembra que se ha de realizar a través da páxina web www.magmasports.es

A Fundación Celta aposta un ano máis por un formato de competición aberto a toda a familia xa que o seu atractivo non só chega aos máis maiores, senón que os máis pequenos poden botarse unhas carreiras por esa banda na que cada fin de semana quentan os seus ídolos. Como é xa tradición, a carreira terá inicio e chegada no interior do estadio, onde ao longo da mañá haberá un fantástico ambiente festivo con música, actividades para os máis pequenos como contracontos na zona dos inchables da man de Kids & us e batucada a cargo de Olodum do coio de Cambados. Todo iso para facer da ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ unha auténtica festa para o celtismo.

CATEGORÍAS

A competición contará con tres categorías diferentes:

7 km para adultos.

1km para nenos e nenas entre 2005 y 2012.

50 metros, para nenos e nenas nacidos entre 2013 y 2017 que terá lugar no interior do estadio.

Todos os participantes recibirán un completo avituallamiento por parte dos nosos colaboradores e como novidade haberá sorpresas por xentileza de Domino’s pizza

Consulta o percorrido aquí

INSCRIPCIÓNS

12€ se a través da página web www.magmasports.es

Recorda que contratando a luz con XENERA Compañía Eléctrica devolvémosche o importe da inscrición na túa primeira factura. Pincha aquí e infórmate.

FAMILY DAY, ENTREGA DE DORSAIS

Todos os participantes recibirán o seu dorsal e unha camiseta técnica da man de Fe Seguros.

Realizarase un ‘Family Day’ previo á carreira no náutico de Vigo, xunto á escultura do nadador, o sábado 7 de decembro de 12:00h a 18:00h, onde cada participante poderá recoller o seu dorsal e camiseta técnica.

Ademais de gozar de inchables, carpas, música e bandeiras, todos aqueles que cheguen a meta recibirán un completo avituallamiento por parte das empresas colaboradoras no evento.

Os participantes, acompañantes e público en xeral poderán acceder ao estadio pola porta 19 (Bancada de Río), situada na Avenida de Citröen, onde estarán situadas secretaría e consigna. Todos os participantes deberán estar como mínimo media hora antes do inicio da carreira na que participen.

En definitiva, Invasión Celeste – Fe Seguros está infestada de interesantes novidades e actividades para todos os públicos co obxectivo de facer da carreira un evento deportivo, lúdico, de promoción de hábitos saudables e cheo de celtismo.

O éxito de actividades como a carreira popular ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ referenda a aposta da entidade celeste pola promoción do deporte e os seus valores na sociedade a través de interesantes actividades pensadas para toda a familia e reforza a presenza da Fundación Celta de Vigo como ente dinamizador da sociedade galega.

CONSULTA AQUÍ O LISTADO DE INSCRITOS

Podes consultar o regulamento aquí

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas