Hemeroteca canteira

Derrota do Celta B no Plantío

RC Celta

celta_b_burgos_web_91114.jpg

Os celestes non puideron co Burgos, que anotou os tantos do triunfo no primeiro tempo (2-0)

 

O Celta B non puido co Burgos. Os locais foron mellores no primeiro tempo e o cadro vigués pagouno moi caro, con dous goles encaixados en menos de dez minutos que terminarían sendo decisivos. Tras unha ocasión para os celestes, desbaratada polo porteiro Aurreko, o conxunto burgalés anotou o 1-0 por medio de Javi Hernández. Corría o minuto 25 no cronómetro. Case sen tempo para reaccionar Nando marcou o segundo para o Burgos.

 

O filial céltico non logrou inquietar na segunda parte, sobre todo tras a expulsión de Borja Fernández, que viu o segundo cartón amarelo no minuto 66. Tras esta derrota o Celta B cae a postos de descenso, polo que o próximo partido en Barreiro ante a Cultural y Deportiva Leonesa será de gran importancia. O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir ao campo para apoiar e apoiar aos canteiráns.

 

FICHA TÉCNICA

2-Burgos: Aurreko, Sergio Esteban, Dani, Maureta, Quesada, Moke, Javi Hernández, Nando, Gabi Gómez (Cristian, min.80), Álex (Gabri, min.57), Carralero (Andrés, min.74)

 

1-Celta B: Óscar, Kevin, Goldar, De Amo, Samu, Borja Fernández, Jordan (Youssef, min.65), Señé, Luis Rioja, Thaylor (Casas, min.66), Borja Iglesias (Javi Que, min.74)

 

Goles: 1-0, min.25 (Javi Hernández); 2-0, min.34 (Nando)

 

Árbitro: Galech Apezteguía, dp comité navarro. Amonestou polo Burgos a Maureta, Dani, Aurreko, Javi Hernández e Sergio Esteban. Amonestou polo Celta B a Casas e Araujo. Expulsou por dobre tarxeta amarela ao celeste Borja Fernández (min.66)

 

Campo: El Plantío

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas