Hemeroteca canteira

Derrota do filial en El Plantío

RC Celta

borjafdez-celtab-1516.jpg

 

O filial céltico caeu derrotado 3-1 ante o Burgos no Estadio Municipal El Plantío. Os vigueses arrincaron o partido con forza e dominaron o primeiro tempo, con todo o descanso chegou con vantaxe no marcador para os locais. Borja Iglesias empatou o encontro dez minutos tras a continuación pero o Burgos soubo reaccionar e fíxose coa vitoria con tantos de Adrián e Quesada. O Celta B terminou o partido cun home menos pola expulsión por dobre amarela de David Goldar.

 

FICHA TÉCNICA

3-BURGOS: Toni, Andrés (Odei, min.85), Quesada, Pérez, Álex Verdes, Zarandona, Prosi (Rodri, min.72), Luis Ángel, Fito, Ander Vitoria (José Fran, min.70), Adrián.

 

1-CELTA B: Iván Villar, Kevin, Goldar (Javi Que, min.82), De Amo, Samu (Lucas, min.73), Borja Fernández, Jordan, Julio Delgado, Rubén Ramiro, Luis Rioja (Guille Andrés, min.65), Borja Iglesias.

 

Goles: Ander Vitoria, min.39, 1-0; Borja Iglesias, min.50, 1-1; Adrián, min.59, 2-1; Quesada, min.64, 3-1.

 

Árbitro: Sánchez Alba. Expulsou con dobre amarela ao céltico David Goldar. Amonestou polo Burgos a Pérez, Luis Ángel, Zarandona e Andrés. Amonestou polo Celta B a Borja Fernández.

 

Campo: El Plantío.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas