Derrota pola mínima do Celta B en Toledo (1-0)

O triunfo continúa sendo esquivo para o Celta B lonxe de Barreiro. Os celestes caeron pola mínima no campo do Toledo este domingo a pesar de comezar dominando o partido e de gozar dun bo puñado de ocasións para polo menos puntuar. Os locais adiantáronse no minuto 37 do primeiro tempo, cederon o esférico ao Celta e se replegaron ata o asubío final, exhibindo un traballo defensivo que os vigueses non foron capaces de desarbolar.

O filial céltico buscará reencontrarse coa vitoria este domingo ás 16:00 en casa, ante o Fuenlabrada.

FICHA TÉCNICA

1-Toledo: Alcolea, Israel, Aarón, Toño, Tomás, Usero (Barranco, min.79), De Lerma, Bryan (Romagnoli, min.55), Ortí (Obed, min.63), Charly, Sergio.

0-Celta B: Sotres, Kevin (Agus, min.76), Costa, Rai, Ros, Pampín, Molina (Tiá, min.46), Juan, Drazic (Pol Roigé, min.55), Álex Serrano, Dennis.

Gol: Aarón (1-0, min.37).

Árbitro: Orellana Cid, do comité andaluz. Amonestou a Tomás, Sergio García (Toledo), Álex e Drazic (Celta)

Campo: Salto del Caballo (2.500 espectadores).