Descobre o deslumbrante deseño da primeira equipación do RC Celta para a tempada 2017/2018

ARTICULO_WEB_1300x7401.jpg

 

O RC Celta presenta a primeira equipación para a tempada 2017/2018, cun deslumbrante deseño ideado para que a camiseta celeste poida ser utilizada, ademais de no estadio, no día a día como elegante símbolo da vinculación a unhas cores.

 

Baixo o lema “From the stadium to the Street”, adidas creou a nova primeira equipación cunha liña moderna combinada cun deseño ‘retro’ destacando a sencillez no modelo, o pescozo en pico, o escudo (Woven badge), que recorda o de anos atrás, e franxas anchas na terminación das mangas. Todo iso cun tecido na fronte da camiseta que incorpora un deseño orixinal cun picado en dous grosores diferentes creando liñas horizontales que rompen a verticalidade que outorgan as tres bandas clásicas da marca adidas.

 

Coa cor celeste propia do RCCelta como base e os detalles en vermello reflectindo a cor da cidade e a paixón dos afeccionados, búscase a proximidade co seguidor para que poida utilizala máis aló do día do partido.

 

Segunda equipación

A segunda equipación busca, do mesmo xeito que na primeira e sen perder a elegancia dunha camiseta oficial, o equilibrio entre o clásico e o moderno. Está inspirada en cores máis tradicionais con pequenos detalles que a vinculan cos característicos do club, xa que incorpora o negro como cor base co habitual celeste. Na base da camiseta pódense apreciar pequenas liñas executadas por unha técnica de cosido con diferentes puntadas. O pescozo, retro, é de estilo mao con terminacións modernas, como se poden apreciar nos botóns que incorpora.

 

A tecnoloxía utilizada por adidas é Climacool, que, grazas a unha combinación de tecidos climalite (empregando materiais reciclados) en construción de mallas moi abertas, permite regular a temperatura corporal, con ventilación e control da humidade, para mantela nun estado óptimo. 

 

O prezo de venda ao público fixado por adidas para esta camiseta é de 79.95 euros e estará dispoñible na tenda oficial do club en próximas semanas.

 

 Camisetas.jpg

Leave a Reply

20 − 6 =