Hemeroteca canteira

Destacada actuación dos xogadores celestes coa Selección Española Sub-19 ante Holanda

RC Celta

santi_seleccion_web_16913.jpg

Santi Mina anotou o tanto do combinado nacional, que acabou caendo por dous goles a un

 

A Selección Española Sub-19 caeu pola mínima (2-1) ante Holanda nun disputado e igualado partido de preparación para a Rolda Elite disputado esta tarde en terras holandesas. Os celestes Rubén Blanco, David Costas e Santi Mina tiveron unha destacada actuación neste encontro, no que o único tanto do combinado nacional foi anotado polo dianteiro do Real Club Celta.

 

O gardameta Rubén Blanco e o central David Costas foron titulares coa selección nacional e lograron o obxectivo de deixar a portaría a cero nos minutos que disputaron, 45 o porteiro e 57 o defensor.

 

Os goles deste rifado partido chegaron con posterioridade e con protagonismo, como vén sendo habitual, para Santi Mina, quen entrou no partido tras o descanso e marcou de lanzamento de falta no minuto setenta e nove para empatar o choque. Un instante despois, o anfitrión anotou o tanto que finalmente lle outorgou a vitoria.

 

Este partido serviu para mellorar a posta a piques da selección de cara á Rolda Elite clasificatoria para o Campionato de Europa, que se celebrará en Vigo, co Celta como anfitrión, a partir do próximo 31 de maio.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-HOLANDA: Maarten; De Focart, Walsh, Tete, Hendrix, Riederwald, Bakker, Decker, Lemans, Zickovic, Vloet y Apolatse

 

1-ESPAÑA: Rubén Blanco; Héctor Bellerín, Alejandro Grimaldo, David Costas, José León Bernal; Óscar Gil, Unai López, Marcos Llorente; Adama Traoré, Sandro Ramírez e Matías Nahuel Leiva

 

Trocos: no 45 Serrano saiu por Unai, Cantero por Blanco e Mina por Leiva. No 57, Javier Sánchez por Costas e Muñiz por Ramírez. E no 69 Hermoso entrou por Grimaldo e Bustos por Adama

 

Goles: 1-0 Min. 70: Zickovic; 1-1 Min. 79: Santi Mina; 2-1 Min. 80: Lemans

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas