Dezaoito anos da Copa Intertoto do RC Celta

Tal día como hoxe do ano 2000, un 22 de agosto, o RC Celta lograba a súa terceira clasificación consecutiva para a UEFA ao gañar a Copa Intertoto. Os celestes eliminaran a FK Pelister e Aston Villa nas anteriores roldas e chegaban á volta da final ante o Zenit cun 2-1 a favor colleitado en Balaídos.

Cun once formado por Pinto, Velasco, Cáceres, Noguerol, Juanfran, Doriva, Giovanella, Karpin, Mostovoi, Tomás e Benni McCarthy; o RC Celta tivo que sobreporse ao 2-0 inicial co que se clasificaba o seu rival. A emoción chegou aos compases finais do encontro, cando primeiro Karpin e despois e despois McCarthy, puxeron os goles do empate que permitía ao cadro vigués alzarse co título e clasificarse á seguinte edición da Copa da UEFA.

A Copa Intertoto

A Intertoto foi unha competición oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non lograran a clasificación a Liga de Campións e UEFA. Naciada en 1962 co nome de Copa de Fútbol Internacional, en 1995 a UEFA asumiu a súa organización e a rebautizó co nome de Copa Intertoto. Esta competición disputouse ata o ano 2008. Desde entón, os equipos que se clasificarían para a Copa Intertoto fano directamente á fase previa da UEFA Europa League.