Diego Alende debuta nunha lista da Sub-19 e Pape repite

felicitacionalende

 

A Selección Española Sub-19 convocou aos canteiráns celestes Pape Cheikh e Diego Alende, este último debutante nunha lista desta categoría, para a concentración que o combinado nacional realizará do 30 de novembro ao 2 de decembro na Ciudad Deportiva de Las Rozas.

 

A convocatoria dos dous canteiráns súmase ás recentes do centrocampista Diego Varela Pampín, chamado pola Sub-16, ou a do gardameta Iván Villar, un fixo nas distintas categorías inferiores da selección, e ratifica o crecemento continuo da canteira celeste, unha das grandes prioridades do club e a Fundación Celta.

Leave a Reply

5 − 1 =