Hemeroteca canteira

Diego Alende e Pape Cheikh regresan á Selección Española Sub-19

RC Celta

160222_Pape_Alende.jpg

 

Luís de la Fuente, seleccionador nacional Sub-19, volve contar unha vez máis cos canteiráns celeste Pape Cheikh e Diego Alende, nesta ocasión de face ao amigable entre a Selección Española e a de Serbia que se disputa o vindeiro mércores 2 de marzo ás 18:00 horas na Cidade Deportiva da Federación de Serbia.

 

O regreso de Pape e Diego á Sub-19 ratifica non só o seu crecemento e prometedor futuro, senón tamén o da canteira céltica, prioritaria para a Fundación Celta e alicerce esencial no proxecto deportivo do RC Celta, que segue traballando con empeño na mellora global das categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas