Diego Alende finaliza a súa etapa no RC Celta tras 14 anos de entrega e corazón


Diego Alende, un futbolista modélico dentro e fóra do campo, un capitán exemplar e un destacado celtista pon fin á súa etapa no RC Celta tras catorce anos de entrega, corazón e afouteza. O club quere agradecerlle todas estas tempadas nas categorías inferiores e o filial do club e desexarlle o maior dos éxitos nos seus novos desafíos deportivos.

O ata agora capitán do RC Celta B desembarcou en A Madroa en idade alevín e desde entón pasou por todos os equipos da base ata chegar ao filial no verán de 2015. Internacional con España en categoría sub-19, Alende disputou tres partidos oficiais co primeiro equipo na campaña 2015/2016, debutando tanto en LaLiga como na Copa de SM o Rei.

As súas bágoas tras selar a permanencia en Segunda División B ante o Alcoyano demostran a súa paixón, compromiso e entrega, calidades que sempre exhibiu ao longo dos seus catorce anos como xogador do RC Celta.

Diego Alende será sempre ‘un dos nosos’.