Diego Alende: rotura parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito

O central do Celta B Diego Alende sufriu durante o partido do pasado domingo ante o Atlético de Madrid B unha rotura parcial de alto grado do ligamento lateral interno do xeonllo dereito. Os servizos médicos do RC Celta aplicaranlle ao canteirán un tratamento conservador e prevén un tempo de baixa de entre dous e tres meses. O club quere enviarlle unha mensaxe de ánimo ao defensor celeste e desexarlle unha completa recuperación.