Diego Pampín repite convocatoria coa Selección Española Sub-19

Boas noticias para o RC Celta. Diego Pampín, xogador do filial celeste, foi convocado por Santi Denia, adestrador da Selección Española Sub-19, para o partido amigable que o combinado nacional xogará ante Italia o próximo 16 de xaneiro en Caserta.

O xoven lateral zurdo foi citado por primeira vez coa Sub-19 en marzo para realizar uns adestramentos oficiais en Las Rozas, cita á que volveu acudir en setembro. O pasado mes de novembro debutou nun partido co equipo nacional ante Noruega.