Din Alomerovic desvincúlase do RC Celta

O lateral macedonio Din Alomerovic desvinculouse do RC Celta B despois dun ano xogando no filial, ao que chegou procedente do Fuenlabrada tras ser internacional sub-18, sub-19 e sub-20 no seu país. O club agradécelle a súa entrega e profesionalidade e deséxalle o maior dos éxitos no futuro.