Divírtete e aprende nos clínics de Nadal da Fundación Celta by Cabreiroá 2018

 

 

Aprende cos mellores!

Xa é posible inscribirse nos clinics de Nadal que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano, a actividade se ampla cun variado catálogo de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou até tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste en horario de 10:00 a 14:00h, cunha pausa para unha merenda proporcionada pola Fundación, para todas as sedes.

 

En Vigo celebrarase os días 26, 27 e 28 de decembro no Campo Federativo de Coia

Consulta os prezos na folla de inscrición e recorda que podes inscribirte ata o 20 de decembro ás 23:59h.

 

Ademais da sede de Vigo, será posible participar nos clinics nas seguintes sedes:

MONDOÑEDO………………………………………….. 27, 28 e 29 de decembro no Complexo Deportivo Municipal Viñas da Veiga. Desconto a Membros da Asociación Deportiva Salto do Coro

COMPAÑÍA DE MARÍA………………………………. 26,27 e 28 de decembro no Campo Municipal de Belvis. Desconto Alumnos do colexio

CARNOTA………………………………………………… 26,27 de decembro no Campo Municipal de Lombans. Desconto para nenos empadroados en Carnota, Escola Deportivas de Carnota e E.D Os Miúdos (Muros)

POBRA DO CARAMIÑAL……………………………. 26,2 e 28 de decembro. Campo  Cadreche Descontos aos nenos do CD Crocha

XINZO………………………………………………………  26 e 27 de decembro no Campo de Fútbol Jose Antonio Fernández Carrera. Desconto para empadronados en Xinzo e os que forman parte das Escolas deportivas do Concello.

CERDEDO COTOBADE……………………………… 26, 27 e 28 de decembro no Campo Municipal As Extremas. Desconto empedrados no Concello

VIGO………………………………………………………… 26, 27 e 28 de decembro no Campo Federativo de Coia

 

Podes solicitar á hora de enviar a inscripción si o desexas, unha tarxeta regalo personalizada. ¡Regala vivencias!

 

INSCRÍBETE AQUÍ