Dobrete e asistencia de Iago Aspas coa Selección Española

O canteirán celeste Iago Aspas foi un dos protagonistas da contundente goleada que España endosou este martes a Liechtenstein (0-8). O de Moaña entrou no segundo tempo do partido, clasificatorio para o Mundial 2018, e xustificou a súa presenza no combinado español anotando 2 goles e asistindo de maneira brillante a Morata no sexto gol da noite. Podes ver o resumo do partido AQUÍ.

Os internacionais celestes finalizan os seus compromisos

Os xogadores internacionais do RC Celta finalizaron este martes todos os seus compromisos de seleccións e xa puxeron rumbo a Vigo para reincorporarse aos adestramentos na Madroa. O serbio Radoja presenciou desde o banco o triunfo da súa selección ante Irlanda (0-1), do mesmo xeito que o porteiro canteirán Iván Villar no choque entre Estonia e España (0-1).

Na outra cara da moeda, Pablo Hernández e Emre Mor si tiveron a oportunidade de participar nos partidos das súas seleccións. Tucu foi titular e disputou o encontro completo con Chile, que caeu pola mínima en Bolivia (1-0), mentres que Emre Mor accedeu ao terreo de xogo nos compases finais do Turquía-Croacia (1-0).

Leave a Reply

2 + four =