Hemeroteca canteira

Doce canteiráns celestes co primeiro equipo

RC Celta

Anton-Oscar.jpg

Unha ducia de xogadores do filial e do Xuvenil A exercitáronse esta mañá ás ordes de Abel Resino

 
O primeiro equipo adestrou esta mañá nas instalacións deportivas de A Madroa coas ausencias dos xogadores internacionais Jonny, Túñez, Demidov, Augusto e Orellana, ademái do croata Pranjic, con permiso do club.

 

No seu lugar, ata doce xogadores das categorías inferiores do Real Club Celta exercitáronse có primeiro plantel. Estos foron Óscar, Antón, David, Borja, Sergio Santos, Yelko, Fede, Jordan, Aitor, Fernán, Soto e Kevin, que tivo que abandoar a sesión minutos antes de finalizar por un golpe nun nocello.

 

O adestrador Abel Resino e o seu corpo técnico observarán de novo a estos e outros canteiráns celestes no partido de adestramento programado para mañá entre RC Celta e Celta B, que se xogará a porta aberta ás 11:00 horas no Estadio de Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas