Hemeroteca canteira

Dolorosa derrota do Celta B (2-3)

RC Celta

borja_celta_b.jpg

 Os celestes adiantáronse ata dúas veces, pero o Compostela reaccionou e remontou

 

Partido intenso e cheo de alternativas no que os goles non tardaron en chegar. No minuto 2 un bo disparo de Camochu desde a banda perforou a portaría de Adrián. Gran comezo dos célticos, que se botaron ao ataque desde o asubío inicial. O Compostela non quedou de brazos cruzados e, tan só un minuto despois Jacobo devolvía a igualdade ao marcador.

 

Os vigueses atopáronse a un duro rival que amarraba a pelota e tamén buscaba a portaría rival con convencemento. O filial céltico, esporeados por Rubén Martínez e Añón nas bandas, volveron facer dano antes do descanso. No 38 Camochu aproveitou un rexeite do porteiro compostelán para pór de novo por diante ao Celta B.

 

Tras a continuación o Compostela intensificou o seu ataque e comezou a axexar a portaría defendida por Rubén de maneira máis constante. Os celestes aguantaban ben situados, á espera de rematar o partido cunha contra acertada. Ao final, nos últimos minutos, a ofensiva santiagues funcionou e o resultado deu un envorco. No minuto 85 Joselu se zafó da defensa olívica para anotar o empate e, dous minutos despois, culminou a remontada do seu equipo co seu segundo tanto.

 

FICHA TÉCNICA

2-Celta B: Rubén; Jony; Maceira; Víctor Vázquez; Sergio Maestre; Borja; Antón; Levy; Camochu (Félix, min. 71); Rubén Martínez (Juanma, min. 68); David Añón (Marcos Torres, min. 83)


3-SD Compostela: Adrián; Borja; Castiñeiras; Germán; Jacobo (Nogueira, min. 75); Gonzalo; Martín (Louro, min. 62); Mariño; Manu Rodríguez (Kolman, min. 87); Bautista; Joselu

 

Goles: Camochu, 1-0 (min.2); Jacobo, 1-1 (min.3); Camochu, 2-1 (min.38); Joselu, 2-2 (min.85); Joselu 2-3 (min.87)

 

Árbitro: Calle Martínez. Amonestó a Rubén, Borja, Añón, Antón e Borja do Celta B. Amonestó a Manu Rodríguez e Joselu, do Compostela.

 

Campo: Barreiro (600 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas