Dolorosa derrota do Celta B en Xixón

aviles_celta_b_21114.jpg

Os canteiráns célticos caeron con claridade ante o Sporting de Gijón B (5-0) 

 

Aciaga derrota do Celta B ante o filial do Real Sporting de Gijón. Os locais adiantáronse ao pouco de comezar o partido, un temperán tanto que supuxo un duro golpe para o celestes pero que non impediu que estes levasen a iniciativa ata o descanso, aínda que sen ser capaces de xerar ocasións claras. Os vigueses afrontaban o segundo tempo coa esperanza de reverter o resultado, pero o segundo tanto do Sporting, no minuto 54, empuxou aos asturianos cara á goleada ante un Celta incapaz de reaccionar.

 

O partido finalizou cun avultado 5-0 no marcador. Tras esta derrota o filial céltico é o décimo quinto clasificado con 32 puntos, empatado co Zamora, que ocupa a posición de playoff de descenso. O Celta B buscará reverter a serie negativa de resultados este domingo en Barreiro ante o Avilés, rival directo pola permanencia.

 

FICHA TÉCNICA

5-Sporting B: Pol Busquets, Benito, Alberto, Jorge Meré, Sergio Menéndez, Guitián (Borja Álvarez, min.79), Adama Touré (Tato, min.72); Guillermo Donoso, Juan Mera, Jaime Santos e Mendi (Pablo Fernández, min.74)

 

0-Celta B: Óscar Santiago, Kevin, Soto, De Amo, Pablo Crespo, Borja Domínguez (Goldar, min.72), Javi Rey (Luis, min.67), Omar, Señé, Jordan e Borja Iglesias (Thaylor, min.74)

 

Goles: 1-0 Mendi (min. 9), 2-0 Jorge Meré (min. 54), 3-0 Mendi (min. 58), 4-0 Guitián, de penalti (min. 70), 5-0 Juan Mera (min. 84)

 

Árbitro: Rezola Etxeberría do comité vasco. Amonestou polo Sporting B a Adama Touré e Guitián e polo Celta B a Jordán, De Amo e Kevin, en dúas ocasións, expulsado no minuto 69.

 

Campo: Pepe Ortiz (Mareo). 400 espectadores

Leave a Reply

1 × three =