Dor e Rabia: Celta e Las Palmas contra os incendios

 

O RC Celta e a UD Las Palmas expresarán esta noite con diferentes iniciativas a súa condena e pesar pola vaga de incendios rexistrados en Galicia, Asturias e Portugal e a súa consternación e dor polas vítimas mortais. Os xogadores de ambos equipos lucirán antes do comezo do partido camisetas nas que poderá lerse na parte dianteira “Dor e Rabia” e “#QueimanGalicia, #QueimanAsturias, #QueimanPortugal” na posterior.

Ademais, antes do encontro gardarase un minuto de silencio polas victimas mortais dos terribles incendios das últimas horas e os xogadores dos dous conxuntos levarán brazaletes negros.