Hemeroteca celtismo

Dous últimos días para beneficiarse das condicións especiais da Campaña Anual de Abonados

RC Celta

afición

p>

Renovacións e altas que se fagan ata o 20 de decembro non tenrán suplemento os Días do Club

 

Tan só quedan dous días para gozar das vantaxes de renovar ou darse de alta antes do día 20 de decembro, dentro da Campaña Anual de Abonados. As operacións realizadas antes de dita data non necesitarán suplemento os días do club e, ademais, as renovacións non terán subida algunha con respecto ao ano pasado, salvo a aplicación por imperativo legal do novo tipo impositivo de IVE, nuns carnés co prezo conxelado durante o cinco últimos anos. O custo da emisión do cartón é de 10 euros.

A partir do 20 de decembro, as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña 2013.

En canto ás altas, tamén teñen un prezo sen igual en Primeira División e as que se produzan antes do 20 de decembro tamén estarán exentas do suplemento nos días o club. A cota de alta será de 82 euros para a categoría adulto e de 42 euros para o resto.

 

precios anuales 

Cota alta adulto: 82€ / Cota alta resto: 42€

 

Mantéñense as habituais facilidades de pago a través do cartón comercio e crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.

 

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias e mantense, só para renovacións, o carné especial para parados na Bancada de Marcador.

 

O horario das oficinas de abonados de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O despacho de billetes online está operativa as 24 horas do día: www.celtavigo.org/abonosCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas