Dura derrota do Celta B na Malata

celtab-logrones-1415.jpg

No minuto 15 o Racing de Ferrol xa vencía 3-0. Os celestes non foron capaces de reacionar (4-0)

 

O Celta B atopouse cun partido costa arriba desde moi pronto. A primeira chegada do Racing de Ferrol traduciuse no 1-0, obra de Marcos Álvarez no minuto 7, un temperán tanto ao que seguiron outros dous. No minuto 13 Adrián Cruz aumentou a vantaxe ferrolá no marcador e, case sen tempo para reaccionar, Joselu anotou o terceiro tanto dos locais. Duro revés para o filial celeste ante un Racing cunha efectividade do cento por cento no seu tres primeiras ocasións para marcar.

 

Os vigueses mostráronse impotentes ante as ofensivas rivais e non lograron pisar a área racinguista até o vinte minutos de xogo. Un acertado Mackay baixo paus evitou que os célticos chegasen ao descanso cun resultado máis amable no marcador.

 

Tras a continuación o Celta B ofreceu mellores sensacións e dispuxo de ocasións para meterse no partido. Luís Rioxa estrelou un balón contra o traveseiro en lanzamento de falta directa, Omar topouse dúas veces con Mackay… o tanto olívico non chegou. Co tempo regulamentario cumprido o Racing aumentou a súa conta goleadora. Dalmau marcou o definitivo 4-0.

 

FICHA TÉCNICA

4-RACING: Mackay, Jonatan, Maceira (Cristian, min.82), Víctor Vázquez, Antonio, Iván Forte, Marcos Álvarez, Dani Rodríguez, Joselu (Thiago, min.74), Iosu Villar e Adrián Cruz (Dalmau, min.62)

 

0-CELTA B: Óscar, Kevin, Soto, Pablo Crespo, Samu, Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, min.68), Jordan (Luis Rioja, min.45), Omar, Thaylor e Borja Iglesias (Javi Que, min.59)

 

Goles: Marcos Álvarez, min.7 (1-0); Adrián Cruz, min.13 (2-0); Joselu, min.15 (3-0); Dalmau, min.91 (4-0)

 

Árbitro: Alberto Fuente Martín, do colexio cántabro. Amonestou a Maceira, Antonio e Víctor Vázquez por parte do Racing e a Borja Iglesias, Jordan, Kevin por parte do Celta B

 

Campo: A Malata

Leave a Reply

three × 4 =