Edu Covelo e Marcos Alonso Visitan Celta Brasov

O responsable de Metodologia do RC Celta Edu Covelo e o coordinador das Escolas Internacional Marcos Alonso visitaron a escola de fútbol que ten a Fundación Celta na localidade romanesa de Brasov. Foron días moi intensos que se centraron en dous grandes partes, por unha banda todos os equipos do club realizaron unha sesión de adestramento dirixidos por ambos os técnicos e doutra banda, distintas charlas para técnicos do club, familiares e clubs amigos que puideron coñecer de primeira man o traballo que se está realizando tanto en Vigo como en Brasov. A experiencia pódese catalogar como de éxito total dado o nivel de participación tanto de xogadores, técnicos como pais.

Leave a Reply

one + 16 =