Edu Covelo, novo director da canteira: “O noso nivel non é casualidade”

Eduardo Covelo, un home da casa que traballou durante o últimas oito tempadas no RC Celta, xa é oficialmente o novo director de canteira do club celeste. O vicepresidente Pedro Posada foi o encargado de presentalo ante os medios de comunicación e desexarlle o maior dos éxitos en nome da institución.

Ademais de subliñar a estabilidade do proxecto da canteira céltica, Covelo quixo destacar o gran mérito do RC Celta á hora de competir neste ámbito: “O nivel da nosa canteira non é casualidade. Ten un gran mérito estar a competir coas grandes canteiras doutros clubs de Europa”, asegurou.

Eduardo Covelo toma a substitución de Carlos Hugo García, director da canteira durante catro anos e que durante a próxima tempada integrarase no corpo técnico do primeiro equipo como axudante de Fran Escribá.