Primeiro Equipo

Eduardo Berizzo, Mellor Adestrador de LaLiga Santander no mes de xaneiro

RC Celta

berizzo.jpg

 

O técnico do RC Celta recibiu este premio grazas aos grandes resultados cultivados polo seu equipo no último mes de competición.

 

O arxentino Eduardo Berizzo converteuse no gañador do Premio ao Mellor Adestrador de LaLiga Santander en xaneiro grazas ao gran refacho de resultados do equipo galego no primeiro mes do ano.

 

Tras un gran inicio de 2017, o Celta gañou no mes de xaneiro tres do catro partidos que disputou no campionato, anotando seis goles e recibindo só dous. Isto permitiu ao equipo celeste ascender prazas na clasificación até meterse de cheo na loita polos postos de acceso a competicións europeas. A iso hai que sumar o magnífico refacho do equipo na Copa do Rei, onde deixou fóra a Valencia CF e Real Madrid antes de plantarse nas semifinais.

 

Este galardón, outorgado polo banco Santander, principal patrocinador da competición, e elixido os redactores de LaLiga.é, foi entregado por Dona Mónica Alzueta Artecha, Directora de Zona de Pontevedra.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas