Ánimo Toto! Todo o apoio e o cariño da familia celeste a Eduardo Berizzo

Impactante noticia para Eduardo Berizzo e a familia celeste. O Sevilla FC, actual equipo do ex xogador e técnico do RC Celta, comunicou este mércores que o técnico arxentino de 48 anos padece cancro de próstata.

O RC Celta desexa transmitir o seu máximo apoio a Berizzo, figura clave na historia recente do club, á vez que expresar o convencemento de que será capaz de superar esta enfermidade. Ninguén mellor que el para ensinar ao mundo o significado da palabra AFOUTEZA. Forza Berizzo! Aguante Toto!