Eduardo Covelo dirixirá a canteira do RC Celta

A canteira do RC Celta, pedra angular do proxecto do club, presentará para a próxima tempada diversas novidades. Trala integración de Carlos Hugo García no corpo técnico do primeiro equipo e a súa nova labor como formador de adestradores, Eduardo Covelo asumirá o cargo de director.

Covelo desempeñou nos últimos anos o posto de responsable de metodoloxía e coordinador do fútbol base celeste. Míchel Martínez e Álex Otero serán desde a próxima campaña os coordinadores das categorías inferiores.